Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/04/13

El cazador desafortunado



Hoxe, 14 de abril, hai 34 anos do pasamento de GIANNI RODARI, o gran mestre. Por iso escollemos lecturas del.





Dáme a impresión de que a editorial SM está a mellorar moito a edición dos álbums ilustrados, non só en calidade senón tamén en cantidade, cando menos nestes últimos anos. O libro que agora nos ocupa é de Gianni Rodari e conta coas ilustracións de Federico Delgado: El cazador desafortunado é un conto divertido con ese dobre sentido esencial en Rodari que fai que o álbum sexa infantil e de adultos a un tempo: un libro sobre o dereito á vida e a defensa da paz en contra das armas, que só deberían ser xoguetes, de existiren.
Destacan asemade as ilustracións, cheas de cor e mesmo de primeiros planos para observar a face dos personaxes así como a súa perspectiva.

1 comentario:

Fernando. Ed Galaxia dixo...

Viva tamén a república da fantasía

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.