Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/04/13

Lo que mueve el mundo

Vén de publicar recentemente Kirmen Uribe Lo que mueve el mundo en Seix Barral. Sensacional lectura -non sei se chamarlle propiamente novela- que conta a historia que o propio autor conta ao seu mellor amigo, que vén de morrer hai pouco, por ser a historia dun heroe anónimo, tal como este lle pedira que fixese. O libro está contado cunha voz que nos susurra que nos quedemos co máis importante da vida, o amor, a amizade, a lealdade, a coraxe, o compromiso. Pero tamén nos informa calidamente de que as decisións, sexan cales sexan, marcan. Permanecen. E fan que o mundo xire doutro xeito. 
A destacar: a tenrura que destila cada páxina. A sensibilidade que o autor amosa para contarnos historias de horrores, de guerras, de inxustizas, de padecementos, de soidades, de fugacidades. 
E logo, un pouso de delicadeza que permanece nos nosos corazóns, sabendo que esas historias, reais, esas inxustizas provocadas polas masacres, deberán deixar constancia na Historia.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.