De hai dez anos nada menos é este libriño de Antonio Reigosa con ilustracións de Xosé Cobas publicado pola editorial Xerais: O galo avisado e o raposo trampulleiro conta como o galo e as galiñas non son enganadas polo raposo, que adoita ser nos contos o máis listo pero que aquí terá que fuxir dunha posible trampa ben semellante ás que el adoita gastar.
Un conto popular adaptado en pequeno álbum que conta coas sempre deliciosas e ben acaídas ilustracións de Cobas.
Sen comentarios
Publicar un comentario