Veño de descubrir aínda hai pouco estes dous magníficos libros (son do ano 2007) de Josse Goffin publicados por Kalandraka: ¡Oh! e Ah!
Dous libros perfectos para contar e sorprender, posto que son libros sen palabras cuxas interxeccións dan pé para a sorpresa cando esta vén acompañada da solapa que levantamos e que nos descobre unha realidade diferente á que percibiramos nun primeiro momento. Por iso, ambos libros baséanse na sorpresa e na procura dun lector que xogue coa ausencia do texto.
As páxinas sen despregar ofrecen un obxecto anticipado na ilustración anterior permitindo que as imaxes estean encadeadas e convidando a que o lector prevea o que vai vir pero cunha nova sorpresa. Xenial!
Sen comentarios
Publicar un comentario