Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/04/13

Un chapeu negro e un nariz de pallaso

Grazas ao texto de Montse Pena Presas e ao documental de Gonzalo Enríquez Veloso, a editorial Galaxia ofrécenos este magnífico traballo para achegar a figura de Roberto Vidal Bolaño ás aulas, ao alumnado e a nós mesmos, dun xeito lúdico e sen complicacións.Un libro-DVD no que a parte audiovisual amosa a personalidade do autor mediante entrevistas e un texto que analiza a súa obra e as súas ideas teatrais. Grazas a esta aportación, tentaremos ler e procurar os textos que para nós deixou este xenial autor, á espera dalgunha representación á que poidamos achegarnos.



1 comentario:

Anónimo dixo...

Imos ler e mirar todo sobre o dramaturgo. Boa idea.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.