Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/05/13

1º, 2º e 4º

Onte foi unha desas noites que de seguro quedarán gravadas na memoria do noso alumnado. Fomos a Lugo emocionados e viñemos conmocionados. Fomos contentos e viñemos felices. Fomos orgullosos e viñemos fachendosos.
De que falo? Este ano presentámonos por primeira vez á "5ª edición Concurso Coca-cola, Novos talentos, Premio Relato Curto", como xa dixemos no noso blogue do ENDL. Os resultados antes de chegarmos aquí impresinarónnos: de 5 alumnos presentados, 3 foron os escollidos como finalistas. Xa non agardabamos máis: isto sucedeu entre case 500 alumnos!!! E viñemos con estes resultados: 1º para David Cabaleiro, 2º para Mariña Castro e 4º para Juan Ares. Que máis se pode pedir? Si, poderiamos pedir o campión absoluto de Galicia, pero... hai que deixar algo para outro ano!!!
Mesmo houbo quen comentou que habería que mandar espías ao noso IES para averiguar como facemos...!!!





Eu tamén tiven o meu premio: achegóuseme un compañeiro para presentarse e declarse seguidor diario deste blogue que estades a ler. Se estás por aí, José Luís, moitas grazas por darme o meu propio premio.
E non só el, senón que foi noite de reencontros e tamén Tino estivo alí para me dicir que utiliza este blogue como libro de aula para a materia de "Alternativa á Relixión" no seu IES. Así que xa vedes, a noite foi ben redonda.

8 comentarios:

Susana dixo...

Profesorado excelente, premio seguro

Anónimo dixo...

Espero non terte incomodado, Gracia. En todo caso, como me puxen algo nervioso coido que non dei dito o que pretendía: que admiro o teu traballo neste sitio e que che roubo moitas iniciativas das que aquí atopo e que levades a cabo no teu centro. Que sei eu... Eu comecei cos clubes de lectura despois de entrar e pasear por aquí, celebramos p día da poesía ou o de Rosalía este ano por primeira vez porque eu o ano pasado lin cousas aquí ao respecto... Etc. Etc.
De modo que, o que pretendía dicir é nin máis nin menos que grazas de corazón.
Xosé Luís

Ronsel dixo...

Xosé Luís, non sei se me expliquei moi mal no post, pero a min déchesme a miña alegría particular, o feito de saber que tanto traballo serve para algo e que hai quen coma ti está do outro lado desta miña pantalla. Para min é moi importante saberte aí, cada día. As grazas débochas dar eu.
Foi un pracer coñecerte

Manuel dixo...

Moitos parabéns para @s premiad@s...

Martiño dixo...

Noraboa por eses premios e premiados ! :D

Vir dixo...

Pero buenooooooooooo!!!! e eu sen enterarme ata hoxe!! Noraboa ós rapaces e ós seus profes!

Anxos dixo...

Parabéns aos teus chic@s.

MArilo dixo...

Da gusto ter unha amiga tan loitadora e sempre chea de entusiasmo. Bicos desde manheinn

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.