Estupendo traballo de Tomi Ungerer publicado por Lóguez: El Hombre Niebla. Una historia de Irlanda vén a ser unha historia sobre a valentía e a curiosidade, pero tamén sobre a superstición que parece mandar sobre a razón. A presenza infantil dá razón de ser ao libro, e sobre todas as cousas que poderían facela desaparecer, está esta para que en ningún momento haxa dúbida de que os únicos e verdadeiros protagonistas da historia son ese neno e esa nena que viven unha aventura que sempre será dubidosa: real ou imaxinada?


Sen comentarios
Publicar un comentario