Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/05/13

Flora y el flamenco

Absolutamente delicioso é este álbum sen palabras que publica Barbara Fiore: Flora y el flamenco está asinado por Molly Idle. No libro, con solapas, para participar no xogo do baile que manteñen a nena e o flamenco, podemos ver simpáticos movementos que son case un espello entre os dous personaxes. A paixón pola danza é o nexo de unión destas deliciosas ilustracións.
 Aínda que é rosa, namora dende a primeira páxina!





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.