Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/05/13

Mago Rosa


Con texto de Txabi Arnal e ilustracións de Rashin Kheriyeh publica OQO este Mago Rosa, un mago que consegue unha bolsa tan máxica como para ser quen de tragar todo... agás a súa codicia, que semella non ter fin. Como o seu sorriso egoísta, que case dá calafríos! Un Mago sen escrúpulos que deixa baleiro todo por onde pasa. Ata que reciba unha lección, por suposto. Porque a xustiza fai acto de presenza lembrándonos que hai esperanza, e o dano non queda sen castigo.

 
 
Por fin, os seus esforzos tiñan recompensa:
Mago Rosa conseguira facer
unha bolsa de coiro que tragaba todo.
Abondaba con dicir:

OEMOC!
(unha palabra que, dada a volta, deixa de ser máxica)
 
 

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.