Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/05/13

O gato fantasma

Publica Xerais na súa colección "Merlín" -unha colección que ben alegrías nos proporciona- esta obra de Xelís de Toro con ilustracións de Almudena Aparicio Andión: O gato fantasma é unha novela para gozar da escrita dun Xelís de Toro que botamos de menos e que, como o Guadiana, aparece e desparece sen facer moito ruído, pero que agasalla libros e momentos de pracer. Un gato que pode ser pantasma, ou non, ou unha metáfora de caracteres e malentendidos. A saber. Porque... como debemos actuar cando nos enfadamos? Cando pensamos que un amigo que nos falla? Cando a carraxe se apodera de nós e goberna sobre calquera tipo de racionalidade? Claro que debemos parar e pensar... pero mentres, está ben ter un debuxo a quen botar man. Seguro que os nenos e nenas lectores comprenderán que este libro é unha aportación deliciosa para o seu maxín.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.