Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/05/13

Os días do cometa

Komic Librería: Os días do cometaPublica Demo Editorial esta nova entrega comiqueira de Manolo López Poy e Miguel FernándezOs días do cometa é banda deseñada negra, moi negra, por contido e estética, con ritmo trepidante. Historia de tráfico de drogas, violencia de xénero, agresividade verbal, morte e corrupción... tamén política. Precisamos dunha lectura atenta procurando non perder detalle nos saltos temporais e identificando roles e personaxes: nada sobra nin nada falta nesta hitoria dura e veraz que finalmente constitúe unha obra excepcional. Os flashback continuos son imprescindible para sabermos o inicio dunha historia que remata en espiral de morte, sen necesidade de demasiadas palabras nunha tensión constante que constitúe o ser esencial da novela.
De fondo, referencias históricas dos anos 80 para que non caiba dúbida de cando sucede a acción: Fernández Albor, o referendo da OTAN, cuotas lácteas... son detalles ambientalistas de relevante importancia.
Un branco e negro perfecto para unha historia de sangue -vermello- onde non importa a cor.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.