Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/06/13

El idioma secreto

Precioso poemario de María José Ferrada con ilustracións de Zuzanna Celej que mereceu o Premio de Poesía para nenos Ciudad de Orihuela 2012, publicado por Kalandraka. Un libro que fala dunha infancia que queda retida na memoria, xunto coa figura da avoa, verdadeira protagonista e inventora deste idioma único que o papel nos desvela, e que os ollos da nena contemplan abraiados para descubrir o valor poético das cousas sinxelas. E esta sinxeleza vese reforzada pola sutileza ocre das ilustracións, que ás veces vólvese crepúsculo para comprendermos a perda que supón aquela época que debemos obrigarnos a lembrar para poder seguir adiante.

Abrir este libro é espertar ante a beleza do mundo que nos rodea e que está agochada ultimamente na crúa realidade do ser humano. Un libro de poemas en prosa poética, en verso acompasado, en imaxes visuais argalladas nun mecanismo de cohesión musical que nos produce un baile quedo e alegre de palabras encadeadas con elos que nos transportan da mans a unhas fermosas ilustracións que saben agochar a ledicia da beleza  sen espaventos, delicada, sutil, construtora dunha imaxe suave de fermosura non roubada á infancia. Porque estamos, unha vez máis, ante un libro que non é só infantil, porque a delicadeza e o rigor xogan unha liga non competitiva na que só gana o lector.
Un mundo feliz a carón da vellica que ama e que nos lega no seu armario un mundo de palabra compartidas, mudas, silenciosas, que constrúen sentimentos, luces e sombras coas que seguir vivindo.




(...) Quería un idioma
para nombrar nuestros recuerdos.
Un idioma secreto con palabras de pájaros y colmenas. Un idioma de higos.
Pasé todo un verano buscando las semillas 
para construir ese alfabeto.
Y ese fue también el último verano de mi abuela.
Vinieron días y días de silencio
luego de que mi abuela se convirtiera en mariposa.
Pero llegó la primavera
y comenzó otra vez
la marcha de los caracoles al ritmo de los brotes.
Entonces pasó.
Nuestra memoria floreció de pronto
en las nubes,
en el viento,
en la historia del manzano.
(...) 

1 comentario:

Anónimo dixo...

Que chulada!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.