Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/06/13

El mono de Hartlepool



Boísimo este cómic de Wilfrid Lupano e Jéremie Moreau publicado por Dib-buks: El mono de Hartlepool conta unha historia grotesca, triste e divertida sobre a estupidez humana, a xenofobia e o racismo; o odio irracional que nos cega cando nos cremos diferentes, e por iso únicos, é o eixo desta historia de necidade e cegueira dun pobo que desdeña a racionalidade e consente crer na simple aparencia. Ante tamaña idiotez, os autores saben manexar a maxia da arte escrita e ilustrada para transmitir ata unha tenrura extraordinaria na man dun mono disfrazado.
Extraordinario para a reflexión posterior. Unha boa opción para un club de lectura.





2 comentarios:

Anónimo dixo...

Un saúdo
Ten moi boa pinta o comic. Xa coñecia esta tráxica e surrealista historia, malia que algúns especialistas opinan que o "monkey" capturado era en realidade un neno, un grumete; pois daquela na "Royal Navy" eran coñecidos por ese nome.
Saúdos e parabén polo seu "blog"
Saúdos de novo
Antón

Ronsel dixo...

Moitas grazas polo seu xeneroso comentario e pola visita, Antón.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.