"Un libro es como una habitación más
o una ciudad nueva
u otro mundo en el que hay
alguien que quiere hablar contigo".
Namorada quedei deste libriño que pensaba antes de mercalo que ía ser un gran álbum e topei con que é un pequeno libro que de igual xeito permanecerá nos corazóns das persoas amantes e amatorias dos libros. Dos libros como obxecto e dos libros como parte de nós mesmo.
A editorial encargada de achegarnos esta pequena xoia é Gustavo Gili : un clásico ilustrado, un libro sobre libros, creado en 1962 por Murray McCain e John Alcornse. Nel pretenenden explicar -abofé que o conseguen- que é un libro, como se fai, para que serve, como se usa... sempre baixo un sorriso picaresco que nos atrapará. Preguntas e respostas, formas e cores, tipos de libros, tipos de palabras... todo tipo de sorpresas que os libros almacenan. Só temos que abrilos para descubrilos.
Un libro que en 1962 tivo o recoñecemento do American Institute of Graphic Arts (AIGA) como un dos 50 mellores libros do ano e como mellor libro infantil do ano polo New York Times.
John Alcorn (1935-1992) foi un célebre deseñador
gráfico e ilustrador norteamericano. Deseñador dun bo número de
portadas de libros, tamén ilustrou e deseñou diversos libros infantís e foi o deseñador doos carteis dalgunhas películas de Federico Fellini











Sen comentarios
Publicar un comentario