Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/06/13

¡No pasarán!



Gustoume menos do que pensaba e máis do que me dixeron este ¡No pasarán! de Vittorio Giardino, en edición integral publicado por Norma. Situada na nosa Guerra Civil, Max Fridman, escritor xudeu, terá de vir a buscar un compañeiro seu das Brigadas Internacionais. Na maraña que supón a guerra, envolverase en intereses e traicións das que non se libran nin un nin o outro bando. O mellor da lectura é o argumento ben trazado e interesante que nos mantén na súa procura até rematalo, aínda que se bota en falta o desenvolvemento dalgúns personaxes ou o final abrupto do inicio de relación entre o protagonista e a xornalista. Coido que a crueza que supón calquera guerra, pero máis unha guerra civil, queda ben plasmada no cómic. O debuxo paréceme realmente impresionante, constituíndo o valor máis seguro da obra que temos nas mans.
A edición integral inclúe varias páxinas extras, con deseños dos personaxes, partes de guión eliminadas, fotos e documentación, mesmo unha introdución do autor.

4 comentarios:

Helena Perez dixo...

Amiga Gracia:
Nos na casa como vos fans do mundo do comic e particularmente de Giardino queremos comentarche que a edición por capítulos de ¡NO PASARÁN! ten unha edición moito mellor que a edición completa, que efectivamente presenta uns extras que non sustifican a calidade.

NON HAI COLOR

Das aventuras de Max Fridman o autor ten dous libros moito mellores, que son: Rapsodia Húngara e Las aventuras de Max Fridman.
Que Xabier Toba e Helena Prez (a que escribe) recomendamosche que leas

Bicos, logo cando queiras cometamos máis, aquí uns frikis do comic.

Ronsel dixo...

Moitas grazas, Helena. Tomo nota. A ver se os teñen por aquí, este collino na biblio do Aller, que me nutre de cómics.
Bico grande. Onte boteite de menos

farangulha dixo...

A mim o que me emocionou fundamente quando o lim, foi o exórdio do autor explicando por que escrevia sobre a guerra civil espanhola sendo italiano...

Ronsel dixo...

Douche a razón, graciñas

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.