Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/06/13

Poesía nas aulas: Antía Otero

Fátima Bouzada e Tamara Pereiras tiveron a oportunidade de coñecer a Antía Otero por videoconferencia. Estas son as súas impresións:


Esta experiencia foi algo novo para nós, xa que nunca antes tiveramos a oportunidade de falar cun escritor, e aínda por encima, cun autor, neste caso autora, de poesía, ese xénero tan descoñecido para nós, porque á hora de ler decantabámonos máis por novelas, debido a que viamos a poesía como algo aburrido.
Con esta oportunidade acercámonos á poesía da man de Antía, e descubrimos que todos levamos poesía dentro, aínda que non a exterioricemos.
Unha das cousas que máis nos gustou desta experiencia foi o descubrimento dunha nova maneira de expresar a poesía, facendo colaxes; porque é unha maneira orixinal de expresar sentimentos a través de simples recortes de revistas, periódicos, etc., e o proceso de  elaboración dun colaxe é o mesmo que o dun poema, xa que  en ambos  se seleccionan determinados recordos ou materiais que nos evocan un  sentimento, que no caso da poesía se expresa en palabras, nos colaxes con imaxes.
En resumo, encantounos esta experiencia, esperamos poder repetila pronto, e agradecémoslle inmensamente a  Antía que traballase con nós e que nos permitise coñecer un pouco máis da súa poesía. 






Nestoutro vídeo repiten o recitado:
          


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.