Quedaron absolutamente encantades de coñecela e de poder compartir esta conversa:
María comenta sobre Os hemisferios:
Despois de facerlle a entrevista a María do Cebreiro e botarlle unha ollada
a todos os seus libros de poemas, volvín ler este porque foi un dos que ela
máis nos falou, de feito dixo que era o que máis lle gustaba. A min
persoalmente non foi o que máis me gustou, xa que non conseguín entender moitos
dos poemas, eu buscaba como ela nos dixo a relación entre os planetas e as
cousas que hai aquí entre nós, pero moitas veces non encontrei o sentido que
ela lle quería dar. Chamoume moito a atención o diálogo en verso que había en
varios dos poemas.
Sen comentarios
Publicar un comentario