Yolanda Castaño
Foi o 3 de Maio de 2013,
marchamos de Bandeira a Santiago en bus. Aló subimos ao tren. Cando
chegamos a A Coruña agardábanos Marcos, para achegarnos ata o bar
"Delicia", onde sería o encontro con Yolanda. Cando chegou ela, entramos
para o bar, pedimos de beber e explicámoslle o que tiñamos que facer.
Unha vez todo claro comezamos coa entrevista. Contounos como comezara a
escribir, os seus libro favoritos, o moito que viaxa polo mundo... Unha
vez rematada a entrevista seguimos falando aínda unha media hora máis
con ela de moitas cousas. Queremos agradecerlle que nos covidara. Foi unha experiencia que nunca esqueceremos, xa que falar
cunha poeta así tan de preto non se fai todos os días. Pensamos que isto nos incitou a afondar máis na poesía, e que nos empezará a gustar
moito máis.
Darlle as grazas a nosa profe Gacia por mandarnos este traballo,
que nos gustou facer, e a Yolanda por buscar un anaquiño de tempo para
nós, xa que sabemos que anda moi atarefada, e que nos atendera tan
amablemente foi para nós unha gran sorte.
Sen comentarios
Publicar un comentario