Un libro absolutamente diferente e fascinante.
David Wapner, poeta,
narrador e titiriteiro arxentino que vive en Israel e ten unha longa
traxectoria artística, é o autor deste texto que Kalandraka publica en pequeno formato (16 x 16) e que ilustra á perfección complementaria Marc Taeger. Pequenos textos a modo de apuntamentos (novas, inventos...) totalmente surrealistas, absurdos ás veces, poéticos outras, humorísticos case sempre. Un xogo literario constante que non deixa indiferente e que volve a lembrarnos a idea de que un álbum ilustrado non é, necesariamente, un libro infantil. Se non o credes, comprobádeo. E non perdades a perspectiva!
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
22/07/13
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
1 comentario:
A min xa me parecía que te ía gustar...
Publicar un comentario