Nada mellor para combater a miña crise lectora que unha boa dose de novela negra, así que alá fun á casa de meu irmán, especialista nesta temática, para surtirme de boas novelas. E por esta comecei... e enganchei! Na serie negra de RBA atoparedes esta novela de Dennis Lehane chamada Abrázame, oscuridad que pertence á saga dos detectives Kenzie e Gennaro. Unha saga na quero seguir profundando. Con esta calor non se me ocorre mellor opción.
Abrázame, oscuridad é pura violencia. Unha violencia case herdade que se respira nas rúas, nas casas, que convive coa maldade e coa humanidade. Porque a violencia, non o esquezamos, é humana. E esta violencia vaise metendo nas entrañas do lector. Pero entre toda esta violencia agroma a amizade e o amor. A amizade é o contrapunto da violencia, o outro gran tema da novela. A amizade que significa, por riba de todo, lealdade.
Como é a primeira novela (e non a última) que leo deste par de detectives, non sei o que ocorre no resto da saga: aquí o personaxe principal é Kenzie, bastante afastado da súa compañeira Gennaro. Ademais, é el que conta a historia. Como agardo ler máis historias deles, xa vos contarei.
Absolutamente recomendable.
Sen comentarios
Publicar un comentario