Unha boa nova para o noso lectorado adolescente: xa temos outra triloxía fantástica, desta volta da man da editorial Galaxia. Bágoa de Lúa é a primeira entrega de As Crónicas de Landereina de Sabela González. Unha novela na que me gustaría resaltar a importancia dos personaxes femininos: unha comunidade de mulleres guerreiras que son adestradas na loita e que sosteñen a tradición da Tríade; unha fundadora e unhas personaxes principais mulleres. Por fin, a muller acada importancia e relevancia neste xénero. Como boa novela deste xénero, comeza cun mapa para emprazar ao lectorado na xeografía desta nova terra que anceiamos coñecer, profundar e seguir en novas entregas.
Con algún anacronismo fuxidío entre as súas liñas, poderemos pasear por prazas e vilas, por feiras que convidan a beber un grolo de cervexa canda as súas páxinas. Unha lectura que, coido, terá grande éxito e que recomendarei, de seguro, ao meu alumnado.
3 comentarios:
Estamos niso,mais levo 35 páxinas e aínda non me "enganchou", eu son constante os adolescentes non... teño dúbidas.
Pois xa me contarás, xa, que me interesa a túa opinión enormemente! Graciñas
É un tostón de libro
Publicar un comentario