Flipada quedei con este extraordinario traballo que vén do IES de Chapela. Xa coñeciamos do seu labor grazas a aquel marabilloso vídeo "Eu falarei" e agora volven a arrasar a rede con este vídeo elaborado polos alumnos de 3º de ESO dirixidos polo Profesor Miguel Pérez. Logo de facer unha selección de
poemas coa obxectivo de cubrir as distintas etapas da vida do poeta e da
súa obra, traballouse co alumnado a comprensión e o recitado dos textos
na clase de Música, graváronse as súas voces e finalmente engadiuse
música e imaxes a todos os versos. Este documental comenza co son da máquina de escribir do poeta e
contínua co recitado dunha escolla dos seus poemas, e continúa o recital
nun marabilloso documental de hora e cuarto ata un imperdible final na praia de Arealonga. "Chapela
deitada frente ao mar, as súas palabras aceirudas, transcenden a súa
morte, porque nin a morte nin a inxustiza acalan nunca a verdade, tal e
como a dixo o poeta".
Moitísimos parabéns a estes traballadores do ensino público que dan unha lección de xenerosidade e bo facer, xunto coa admiración rendida ante un traballo colaborativo desta grandeza.
1 comentario:
Pois si,un traballo impresionante, en dúas palabras
Publicar un comentario