Vin en Soñando cuentos esta publicación e por suposto xa a descarguei. Un proxecto promovido polo Instituto Andaluz de la Mujer (IAM) , destinado aos menores acollidos polo Servizo Integral de Atención e Acollida para vítimas de violencia de xénero.
El viaje en globo, escrito pola psicóloga Susanna Isern e ilustrado por Silvia Álvarez ten como obxectivo minimizar as consecuencias negativasda exposición á violencia de xénero na infancia.
O libro é unha metáfora da nova vida á que se van enfrontar: vivirán nun globo descoñecido pero que responderá a todas as preguntas que se fagan. A protagonista deste álbum sentirase por fin protexida e amada e topará algo case esquencido: que a súa nai volve sorrir.
Podedes descargalo aquí: "El viaje en globo".
Sen comentarios
Publicar un comentario