Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/07/13

Flor de todo lo que queda

Tal como nos ten acostumad@s, a editorial Edelvives presenta na súa colección Adarga Flor de todo lo que queda. Greguerías de Ramón Gómez de la Serna, unha selección de Isabel Castaño e Raúl Vacas con ilustracións de Pablo Amargo. As greguerías están agrupadas por grupos temáticos e organizadas por orde alfabética. Sempre é un pracer volver a este xogo de palabras onde se mestura o absurdo poético e o exercicio literario, desta volta con ilustracións moi acaídas e pouco convencionais.

La cosedora de sábanas cazó un oso blanco con su máquina de coser
***
La máquina de coser es el aparato cinematográfico de las sábanas blancas.
***
Todas las sábanas que guarda la luna son sábanas de hilo.
***
En los carretes de hilo hay unos cuantos maíces de película íntima.
***
Es bonito ese gesto con que la mujer que enhebra la aguja le retuerce el bigote al hilo.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.