Tres exemplos dende diferentes lugares do mundo, Israel, Lituania e México, de librarías que desenvolven campañas fomentando a lectura
O tema da campaña de fomento lectora da cadea de librarías israelís Steimatzky é “O libro indicado sempre che fará compañía”. (Xa o colgamos aquí hai uns días). Nas fotografías vemos personaxes literarios como Gandalf, de O señor dos Aneis, ou Sherlock Holmes, creado por Arthur Conan Doyle, acompañando en soños aos seus lectores, e algúns máis.
A axencia Love creou para a libraría lituana Mint Vinetu unha campaña coa mensaxe “Convértete en alguén diferente”. Os libros destes afiches son Frankenstein, Hamlet, O home invisible e Don Quixote.
En Latinoamérica é probablemente a libraría mexicana Gandhi a que desenvolve as campañas con maior impacto. Xa temos traído moitas veces aquí exemplos.
A frase “Menos
Face y más Book” converteuse rapidamente nun viral. Tamén ten éxito a súa campaña na que
ocupan a tipografía de coñecidas bandas de rock para escribir os
nomes de autores como Pablo Neruda o Julio Verne. Con estas campañas
—pese á crise—, Gandhi medra anualmente en vendas.
Vía
Sen comentarios
Publicar un comentario