Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/07/13

Homosexualidade infantil

Vimos aquí este libro infantil alemán que explica a homosoxualidade de xeito simple, didáctico e próximo. É un éxito da rede social Tumblr. Amosa valores como a inclusión, a non discriminación e a aceptación da realidade.


O ano pasado mamá e papá divorciáronse. Papá agora vive co seu amigo.



Papá e o seu amigo Frank viven xuntos, fan os labores xuntos,



comen xuntos, durmen xuntos,



aféitanse xuntos e ás veces ata pelexan.



Pero logo fan as paces.
Frank a min tamén me quere.



Cóntame chistes igual que papá. Atrapa insectos para o meu proxecto escolar de ciencias.



Cóntame historias e faime sandwiches,




E cálmame despois dun pesadelo.
En vacacións…




Facemos xuntos diferentes cousas entretidas.
Imos ao estadio,





ao zoolóxico, á praia,





traballamos xuntos no xardín e cantamos polas noites.




Mamá di que Frank e papá son homosexuais.
Primeiro non o entendín, pero logo explicoumo. 




Ser homosexual é tan só outro xeito de amar. E amar é a forma máis fermosa de chegar á felicidade. 





Papá e o seu amigo están moi felices xuntos e por iso eu tamén son feliz.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.