Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/07/13

La ridícula idea de no volver a verte



Sempre puntual, a nosa prezada colaboradora Carme volve cada comezo do mes cunha recomendación. Máis ca nunca, moitas grazas, amiga!              


 Recordo, ben nova, unha serie de TV que recreaba a vida dos Curie. Daquela,  impáctarame a coraxe da muller e lémbrome perfectamente dunha única escena, a de Pierre Curie atropelado por un coche de cabalos e o seu posterior falecemento.
                Pois ben, La ridícula idea de no volver a verte (2013), de Rosa Montero, publicada por Seix Barral, nace a partir do diario que Marie Curie escribe tras a morte do seu compañeiro. Recóllese íntegro ao final do libro e nel coñecémola, como ela mesma di, situada na “desesperación e desolación”. A dor pola perda, a incertidume da vida que segue, a crianza de dúas cativas…e, sobre todo, a inmensa presenza ausente ocupan estas páxinas, narradas pouco despois do accidente.
                Estas palabras de Mme. Curie serven para presentarnos a vida dunha muller fascinante e poderosa (no duplo sentido de aptitude e actitude). Alguén que tivo que soportar, como non!, a “desgraza” de pertencer a un sexo nun tempo e un ambiente, o científico, onde os éxitos se reservaban para os homes. Ao fío da vida dos Curie, Rosa Montero reflexiona  sobre algúns aspectos da súa propia biografía, relacionados coa morte da parella  e outros a ver coa ambición, a felicidade, a fráxil condición masculina, a literatura, os azares da existencia, etc…
Libro de lectura fácil e amena, moi recomendable para o verán e tamén para tratar de non esquecer todo o que lle debemos a mulleres como estas, que tendo a sociedade en contra, loitaron para que a “orde” do mundo fose outra: a xusta e a que corresponde.
Lloro mucho menos y mi pena es menos punzante, sin embargo no olvido. Todo está triste a mi alrededor. Las preocupaciones de la vida ni siquiera me dejan pensar en paz en mi Pierre. Pero he intentado rodearme de un gran silencio, hacer que todo el mundo se olvide de mí.  A pesar de eso, apenas puedo vivir con mis pensamientos. La casa, las niñas, y el laboratorio me dan preocupaciones constantes. Pero en ningún momento olvido que he perdido a Pierre, sólo que apenas puedo concentrar mi pensamiento en él y espero con impaciencia los momentos en los que puedo hacerlo.”

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.