Tonino é unha novidade que nos ofrece OQO de Miguel Salas con ilustracións de Paolo Domeniconi. Un pingüín que decide viaxar e chegar ao deserto, vivir aventuras e soñar co descoñecido. Pero claro, como normalmente sucede, adoitamos querer o que non temos e valorar o que tiñamos unha vez perdido; e así lle ocorre tamén ao noso protagonista, quen sentirá morriña do seu e dos seus. Recoñezo que me encantou a explosión de cor das ilustracións, os debuxos, os trazos, a enerxía... moi acaído para este texto infantil que semella terá éxito seguro entre o lectorado máis novo.
Lectura en verso rimada en consoante, produto do bo facer da tradutora Yolanda Castaño.
Sen comentarios
Publicar un comentario