Indicacións: ler este álbum con alguén cerca a quen lle dar unha aperta. Non o poderedes resistir.
Pasáraseme falarvos deste último libro de Jimmy Liao publicado por Barbara Fiore: Abrazos. Un libro cargado de tenrura -sempre presente nos seus textos- que fala de apertas de diferentes personaxes, mentres o fío condutor, un fero león, vaise atopando nunha soidade infinda. O orixinal é que este león ademais de personaxe é un lector ao noso carón. Por suposto, das ilustracións... que imos dicir? Supoño que xa coñecedes a este ilustrador incrible. E se non o coñecedes, non agardedes demasiado, vaivos encantar!
Outro deses libros que hai que ter nos nosos andeis, para botarlle unha ollada de cando en vez.
Outro deses libros que hai que ter nos nosos andeis, para botarlle unha ollada de cando en vez.
"No hay que olvidar ningún abrazo"
"Querido amigo, ¿cuánto hace que no abrazas a nadie?"
Con póster incluído:
1 comentario:
Eu a Jimmy Liao por facer libros tan, tan marabillosos
Publicar un comentario