Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/08/13

Aquel neno

Edicións Embora publica este libro de Xosé Neira Vilas, Aquel neno transmite case visualmente o mundo rural no que medrou, un case resumo ou non sei se un compendio das súas obras máis singulares e aclamadas. Estamos novamente ante pinceladas dese neno que vive nunha aldea e conta o que alí sofre, xoga e sente, acompañadas aquelas polas ilustracións de Xosé Vizoso, indispensables neste volume de olladas tenras e delicadas, de olladas a un pasado que nunca se debe esquecer.

Aquelas dúas rapazas irmás, veciñas del, eran moi pobres. Tanto que se alternaban para ir á escola e levar unha roupiña un chisco mellor que os farrapos que usaban nos traballos de casa e do agro. A el doíalle moito iso e falou coa súa curmá, que aínda que non tiña moito deulle unha chambra, unha saia, unhas zapatillas e de alí en diante as dúas irmás puideron ir á escola todos os días.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.