Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/08/13

Canto te quero, profe! - Teño dúas casas - Iriña bailarina



Edicións Embora, no seo da colección «A igualdade conta», é a editorial destes tres álbums ilustrados de Cristina Justo e Paloma Rodríguez, coas ilustracións de Špela Trobec: Canto te quero, profe!;  Teño dúas casas; Iriña bailarina. As ilustracións resultan moi acaídas para o lectorado máis novo.

Canto te quero, profe! é un álbum que nos chega ao corazón aos docentes, posto que o afecto e a tenrura que amosa en todas as súas páxinas cara a nós énchenos de agradecemento.

Teño dúas casas serve para afondar na normal relación dos fillos e fillas con seus pais separados, potenciando a normalidade dunha situación que podería ser traumática e que en ningún momento debe selo, convertendo en positivo o que noutras ocasións percibimos como negativo.

En Iriña bailarina o tema central e a loita contra o seximo laboral a través dunha boneca bailarina que decide intercambiarse cos bonecos do futbolín: unha parábola perfecta sobre a igualdade ocupacional para transmitir aos nenas e nenas lector@s deste libro.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.