Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/08/13

El crimen del soldado

EL CRIMEN DEL SOLDADOEncántame Erri De Luca. Pero este libro gustoume menos cós anteriores que lin del. Publicado por Seix Barral, El crimen del soldado parte dun tema interesantísimo, pero non me acaba de convecer o seu desenvolvemento. Iso si, hai que agradecerlle novamente a súa brevidade, unha característica que hoxe en día semella esquecida. Se algo caracteriza a este escritor é que sabe discernir a palla do verdadeiramente importante, porque para cavilar e tirar conclusións xa estamos os lectores e as lectoras. Por iso el vai ao verdadeiramente imprescindible.
O mellor do libro son as voces, cunha especie de ruptura entre a primeira e a segunda que nun principio nos deixa vacilantes, sen comprender a relación. Estas voces compoñen tan só anacos de vida, os que importan no caso, cos seus horrores. A súa prosa encandila para recrearnos no que non se di. E porque sempre amosa un compromiso estable coa realidade. Particularmente, paréceme moi interesante o estudo da lingua para comprender mellor un pobo, e esa obsesión que amosa o vello nazi, coas súas propias pantasmas.

E quedo con esta frase do libro, tan importante para a miña lingua:

Un idioma no muere con tal de que una sola persona en el mundo lo mueva entre el paladar y los dientes, lo lea, lo balbucee, lo acompañe con un instrumento de cuerda.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.