Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/08/13

El paréntesis


Encantoume este cómic de Élodie Durand publicado por Sins Entido: El paréntesis é unha historia autobiográfica da autora que sufriu unha estraña enfermidade neurolóxica cando era unha moza universitaria. Esta enfermidade provocaba que sufrise perdas de memoria, coñecementos e autonomía. Realmente extraordinario como consegue meternos na historia, sufrindo canda ela. Co decorrer das páxinas visitaremos médicos e hospitais, a axuda familiar imprescindible, os diagnósticos, os temores, ese burato negro que vai devorando a súa vida preguntándonos como puido saír del. El paréntesis é sobre todo unha historia de supervivencia e de loita, así como de reconstrución dunhas cinzas que case semellaban perdidas. Quizais aquí resida o mérito da historia, ese achegamento á traxedia dende o cotián, sen grandes nin terroríficos alardes. A autora intercala dous tipos de debuxos, os que ela debuxaba cando estaba enferma (bocetos enteiros na páxina moi expresivos) e as imaxes que utiliza para conta a historia dende a distancia, como un diario no que pregunta a seus pais aquelas lagoas que non lembra.
 Un dos mellores cómics que lin ultimamente.







Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.