Descubrín hai pouco, na libraría Lila de Lilith de Santiago. Hoxe vou comentarvos os tres que coido que hai en formato álbum desta editorial, cando menos os que eu vin. A editorial ou as editoriais son Egales e Nubeocho, e os textos están en castelán e en inglés, todos eles da serie "Egalité". Ideal para traballar entón nesta materia!
La princesa Li de Luis Amavisca e Elena Rendeiro é un conto ao máis puro estilo tradicional, unha aventura épica ambientada no exótico Oriente -e así son as súas ilustracións- que fala do amor dunha princesa que debe casar cun príncipe pero que ama a unha moza, algo mo mal visto no reino. Como todo bo conto desenvolverase a traizón, o egoísmo, a vinganza e o amor para acadar un final feliz.
La princesa Li vivía con su padre, el rey Wan Tan, en un hermoso palacio… Ella amaba a Beatriz, una chica de una tierra lejana. Las dos eran muy felices hasta que Wan Tan mandó llamar a la princesa: << Había llegado el día de casarse con un joven de la corte >> |
Sen comentarios
Publicar un comentario