Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/08/13

La verdad sobre el caso Harry Quebert

Xenial! Encantoume! La verdad sobre el caso Harry Quebert de Joël Dicker está publicado por Alfaguara e é, disque, un fenómeno editorial. E non me estraña! Estamos ante unha lectura que cativa dende o comezo e ademais consegue sorprendernos ata chegar á última páxina. Así que... que máis se pode pedir? Está ben construída, con xiros bruscos e inesperados e unha estrutura narrativa que foxe do normal para tamén resultar sorpresiva. O argumento desenvólvese en tres tempos diferentes así como en escenarios distintos, presentando absolutamente todo, escenario, tempo, personaxes, coma un puzle que hai que reconstruír: este será o traballo do lector, colocar as pezas para chegar a un final que na última páxina nos fai exclamar, xa que os enigmas e os segredos semellan non ter fin. 
E ademais dunha investigación en curso asistimos ao mundo editorial e ao proceso de construción da escrita, aos agobios do autor e aos seus propios medos. 
E non falta o humor. As chamadas da nai do protagonista son hilarantes.

"- Central de policía, ¿es una emergencia?
- ¿Oiga? Me llamo Deborah Cooper, vivo en Side Creek Lane. Creo que acabo de ver a una joven perseguida por un hombre en el bosque. 
- ¿Qué ha pasado exactamente?
- ¡No lo sé! Estaba en la ventana, mirando hacia fuera, y de pronto he visto a esa chica corriendo entre los árboles. Había un hombre tras ella... Creo que intentaba escapar de él.
- ¿Dónde están ahora?
- Pues... ya no los veo. Se han metido en el bosque.
- Enviamos una patrulla de inmediato, señora.
Esta llamada fue el comienzo del caso que estremeció a la ciudad de Aurora, en New Hampshire. Ese día Nola Kellergan, de quince años, una joven de la zona, desapareció. Nunca se volvió a saber de ella."

4 comentarios:

María Jesús dixo...

Atractiva... Unha boa opción para cando remate o "tocho" de setecentas e pico páxinas no que ando metida.

Ronsel dixo...

Que xa me dirás cal é... se paga a pena!

Mª Jesús dixo...

É una novela do escritor norteamericano Don Delillo, titúlase "Submundo" (Edit. Circe). Ten setecentas sete páxinas e vou pola duascentas cinco. Así que aínda me queda. Me ten moi enganchada, aínda que me costou entrar, porque o primeiro capítulo céntrase fundamentalmente en describir o ambiente dun famoso partido de beisbol do ano 1951. E o beisbol para min é algo absolutamente arcano. Xa che contarei.

Ronsel dixo...

Agardarei!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.