Temos a sorte de contar cunha editorial empeñada en traernos á nosa lingua grandes libros clásicos que ben poden pasar desapercibidos andando sempre pendentes das novidades. Falo de Hugin & Munin, desta volta do libro de Mark Twain O forasteiro misterioso. Un gran libro ao que cómpre achegarse.
Realiza o autor a través da figura de Satanás unha crítica e unha reflexión da condición humana e das súas eivas. Satán é aquí un mozo guapo e intelixente caracterizado polo seu poder e pola ausencia do chmado "sentido moral" dos humanos. El é quen de analizar os actos dos humanos e de comparalos cos dos animais, vendo como aqueles son moito máis crueis e necios ca estes. Os homes adoitan elixir o mal sobre o ben, e iso a pesar da "moralidade" da que fan gala. Ademais, o Anxo analiza como os católicos e os cristiáns non pregoan co exemplo, dado o seu materialismo infinito. Tamén fala da crueza das gerras e das máquinas de exterminio inxustas. As persoas somos cómodas e estamos dominadas por uns poucos que gobernarán con covardía e hipocrisía. Vaia, que o ser humano ten moito de ser e pouco de humano!
O último capítulo xa é unha aceda reflexión que deixará ao lector só ante as propias palabras. Impresionante.
1 comentario:
Sexan benvidas todas as aportacións ó galego dende a cultura universal
Publicar un comentario