Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/08/13

Onde estás, Caracol?


A última novidade de OQO é un fermoso álbum sobre amores imposibles. Recolle o tema, coido, dese amor que sente o Sol pola Lúa e viceversa, un amor imposible mantido cuns segundos cada día, o amor fatídico de Carolina e Lorenzo. Nesta historia de Susanna Isern ilustrada por Leire Salaberria os protagonistas -un caracol e unha lagartiña- deben buscar solucións para estaren xuntos e conseguir que esa amizade tan especial que teñen entre eles poida ser alimentada cada día. E que a vida nos ensina que debemos loitar por aquilo que queremos, por conseguir facer realidade os nosos soños, que o futuro non é seguro pero temos que enfrontarnos a el e tirar para adiante. 
Xa temos falado da ilustradora en máis ocasións, e desta volta temos novamente un traballo especial, de cores vivas e personaxes humanizadas que transmiten achegamento e ilusión. 
Creo que vai encantar.









Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.