Con Patente de corso -publicado por Edicións Embora- Rafa Vilar obtivo o Premio Arume de Poesía; o texto vén acompañado polas ilustracións de Gemma Capdevila. O álbum poético é un dicionario pirata onde non falta a bandeira coa caveira, os tesouros agochados e os correspondentes botíns, as armas que usaban, e todas as características que nos veñan á cabeza ao falarmos de piratas e das súas aventuras.
Negra coma a escura cascuda
así é a nosa bandeira
no medio do vento mareiro
E no centro unha caveira
por dous ósos cruzada
Bandeira que as xentes temen
en toda parte do mundo
Bandeira que se esfiaña
polo tempo que vai medrando
na súa tea cosida
De chorar case dan ganas
ao vela tan desfeitiña
sucando os mares da terra
Só que os piratas non choran
ou choran ás agachadas.
así é a nosa bandeira
no medio do vento mareiro
E no centro unha caveira
por dous ósos cruzada
Bandeira que as xentes temen
en toda parte do mundo
Bandeira que se esfiaña
polo tempo que vai medrando
na súa tea cosida
De chorar case dan ganas
ao vela tan desfeitiña
sucando os mares da terra
Só que os piratas non choran
ou choran ás agachadas.
2 comentarios:
Grazas, non o coñecía pero recomendo vivamente Piratas polo Miño, de Xosé Miranda, publicado en Tambre. Non está ilustrado pero os textos son fermosos e dan moito xogo nas clases.
Moitas grazas pola recomendación. Mirareino!
Publicar un comentario