Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/08/13

Tamara Drewe

Publicado por Sins entido, este cómic de Posy Simmonds que me deixaron hai xa un tempo,  Tamara Drewe, é unha sátira irónica sobre a sociedade inglesa. Tivo tanto éxito que ata ten adaptación cinematográfica. Neste libro hai de todo: problemas de parella, adolescencia, desamor, amor, complexos físicos, hipocrisía, cinismo, infidelidade... iso si, con todos os elementos encaixando á perfección. Quizais o máis importante da historia é que hai unha moza protagonista que é unha muller moderna que sabe decidir o que quere... normalmente. Pero non me acaba de convencer a resolución, un final que semella conservador onde os bos son bos e as relacións estables son as importantes. E onde os que sobran... pois sobran.
Na lectura, chama a atención a utilización da narración en cómic: monólogo interior, longos fragmentos, artigos xornalísticos, recortes... mestura de xéneros que fan do libro un cómic diferente que non chega a entusiasmarme.





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.