A nosa prezada colaboradora de inicios de mes, cumpre ata nas vacacións. Grazas, Carme!
En
Vía
secundaria (Xerais, 2011), de An Alfaya, atopamos o protagonismo
colectivo de seis parellas (Nora e Román, Hilario e Rosa, Obdulia e Fernando) unidas polo destino, ese sobre o que divaga unha das
personaxes, Nora, nun momento da narración (“¿É que hai un destino omnipotente, que todo o pode e é universal, ou
hai destinos parciais e individuais? ¿É obxectivo ou subxectivo?”, páx.
71). Faino atrapada entre os ferros do seu vello coche nunha vía secundaria,
cando se dirixía ao seu traballo, nunha fábrica do polígono.
Vidas desgraciadas,
vidas aparentes, nas que só se agarda ese intre de afouteza para escapar dun
mundo onde dominan a soidade, a monotonía, o noxo ou o finximento. Mulleres
sufridoras (Nora, Obdulia), homes que non entenden ou non foron educados nas
emocións e sentimentos (Anselmo, Román) e outros personaxes, como Rodolfo, máis
equívocos, destinados a sorprendernos no desenvolvemento da trama.
Libro lixeiro, como
corresponde a unha novela por entregas (Premio La Voz de Galicia 2010); aínda así, debería presentar unha maior
corrección lingüística (e isto habería que entendelo como unha obriga autorial
e editorial), ademais de limar certas incongruencias argumentais que deslocen o
conxunto (cando acontecen os feitos, “naquela
mañá invernal” ou “o primeiro de
agosto “?).
Sen comentarios
Publicar un comentario