Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/09/13

A historia dos bonobos con lentes

Pasoume unha cousa ben graciosa con este libro: a ledicida de recibir un novo álbum pola igualdade de Adela Turín sumouse o pouco tempo para degustalo polo traballo do inicio do curso, polo que decidín levárllelo a ler ao alumnado antes de facer unha lectura en solitario. Cando cheguei a primeiro de Bacharelato e lles expliquei quen era a autora, os libros que tiña... pasei a lerlles o título, e o escándalo foi total: desde ese momento a esmorga adolescente era case imparable. Pero que ocorría? Pois nada, que eles, moi sabedores, coñecían esta raza dos bonobos polo seu costume de arranxar todos os problemas co sexo, así que maxinade: calquera ilustración era susceptible de chanza. Cando calmamos o azos e todo volveu á normalidade, o álbum serviunos, unha vez máis, para reflexionar.
A historia dos bonobos con lentes de Adela Turín e Nella Bosnia vén de ser publicado por Kalandraka, editorial a quen moito lle agradezo o esforzo constante de recuperación deste tipo de libros imprescindibles e esgotados dende hai tempo. Unha historia sobre unha tribo moi singular onde as bonobas andan ocupadísimas para que eles coman e pasen o día sen nada que facer. Tanto traballaban que non tiñan dereito a aprender... o que aprendían con só escoitar. Pero, iso si, sen dereitos. E como todo cansa, as bonobas decidiron reberlarse e cambiar de vida.
Un álbum que constiúe un fermoso alegato reivindicativo do papel loitador da muller, superando unha sociedade machista que establece límites absurdos sobre os roles de ambos sexos: unha socidade machista que se permite establecer o destino de cadaquén sen preguntar nin respectar.


.


Unha colección imprescindible!

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.