A editorial Impedimenta publica El abrigo de Proust de Lorenza Foschini: un texto sobre a obsesión dun bibliófilo para conseguir calquera propiedade de Marcel Proust. O libro vai contando como Jacques Guérin, herdeiroa dunha prestixiosa empresa de perfumes, coleccionista de manuscritos e libros orixinais, topa quen está a liquidar todas as pertenzas do escritor a cargo da súa cuñada, quen o despreza. A partir de aí asistimos a unha loita demodada e constante por ter canto máis poida salvar da limpeza desa muller, a quen acabará visitando e repectando. E por extensión, tamén salvará outros documentos da época, persoas que tiveron relación e amizade con Proust como Jean Genet o Violette Leduc.
O libro ofrécenos ademais imaxes dos documentos, fotografías e obxectos aos que se fai referencia no texto, así como un postfacio do tradutor, Hugo Beccacece.
Foschini busca quizais unha explicación pola fascinación da persoa que tenta gardar e conseguir os obxectos de quen admira, esa mesma admiración que sentimos cando pedimos a sinatura dun autor, buscamos a súa casa de nacemento... un xeito, quizais, de formar parte do seu mundo de ficción.
Sen comentarios
Publicar un comentario