O primeiro que chama a atención deste álbum de Stian Hole publicado por Kókinos son as súas ilustracións. Pero logo vén o tema. El cielo de Anna é un libro espectacular sobre a perda dun ser querido e a tristura que isto conleva. Sen nomealo, sabemos que o pai de Anna está a prepararse para un funela, polo que a nena terá que facer moitas preguntas que quedan sen resposta. E así comezará unha viaxe iniciática de ambos, esa que se precisa compartir en momentos difíciles. Un mundo onírico de extraordinarias criaturas axudarán a reflexionar sobre a morte ou a existencia de deus. Lembrar á nai na biblioteca ou noutros lugares fai sentir iso que sempre se di: que mentres os lembremos estarán connosco.
Fermosísimo.
Sen comentarios
Publicar un comentario