Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/09/13

Me desperté temprano y saqué al perro

Tanto me recomendaron esta lectura que deixei aparcadas as outras que tiña pendentes para me lanzar na procura desta. Me desperté temprano y saqué al perro de Kate Atkinson, publicada por Lumen, encádrase dentro da novela negra pero afástase dos seus cánons, xa que volve a ser unha novela de personaxes na que é difícil entrar, xa que a esixencia é maior que noutras novelas. 
O título do libro provén dun poema de Emily Dickinson, que mellor comezo! Logo, o libro supón un puzzle que o autor nos presenta e os lectores deberemos ir compoñendo para non perdernos entre as pezas: os personaxes son protagonistas dunha historia que non descubriremos ata o final. Deste xeito, non só o detective Jackson Brodie ten relevancia senón que outros personaxes lla tiran e quedan con ela, facendo máis atractiva a historia, facéndoos conectar case inconscientemente e nunca uníndoos conscientemente (si estarán xuntos sen recoñecerse). Ademais, na nosa lectura tamén haberá saltos ao pasado constantes e determinantes para comprender o desatino da sociedades, unha sociedade que está "manchada" en membros que non deberían estalo, polo que a crítica social, tan de moda nas modernas novelas negras, tamén está presente.
A poeta Emily Dickinson tamén está presente ao final do libro, xa que remata cun seu poema.


"Comprar y vender, eso hacía la gente. Podías comprar mujeres, podías comprar niños, podías comprar cualquier cosa. La civilización occidental había tenido su buena racha, pero ahora prácticamente se había extinguido a sí misma con tanto comprar y vender."

Este texto es una creación propia de Devoradora de Libros y no está permitida su copia.

1 comentario:

María Jesús dixo...

Tomo nota

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.