Supón unha ledicia enorme recibir na nosa lingua este álbum dun dos grandes, Anthony Browne, da man da editorial Kalandraka: Un paseo polo parque preséntanos dous tipos de familias, unha de clase alta e outra de clase media que coinciden no parque con cadansúa mascota. O autor ofrécenos unhas chiscadelas inconfundibles para comprendermos que só os prexuízos están instalados nos máis maiores, sen sentido ningún. Volvemos ter un álbum no que as ilustracións xogan un papel crucial para construír o significado do texto. Volvemos gozar coa mellor literatura en galego. Volvemos agradecer ás nosas editoriais estas oportunidades de termos o mellor en lingua galega.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
26/09/13
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario