Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

17/10/13

Consello: ler

O Goberno Ruso, preocupado polo descenso dos índices de lectura entre os adultos, en concreto da lectura dos clásicos, puxo en marcha esta campaña de promoción da lectura.
A xente pasa a vida buscando respostas ás preguntas fundamentais da vida, recorrendo a expertos, consultores, anuncios...
A campaña consiste en insertar anuncios con nomes de famosos escritores que ofrecen os seus servizos e consultas en múltiples campos da actividade humana.

Bram Stoker. Hematólogo  
                                                  Arthur Conan Doyle. Criminalista



"Se busca asesoramento profesional sobre calquera cuestión que lle preocupe, non dubide en consultar a estes reputados especialistas. Ler un libro. Ese é o noso consello".

  Vía Desequilibrios

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.