Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/10/13

De los álamos el viento



Volve a editorial Kalandraka a facernos gozar cun libro de poema marabillosamente editado e mellor ilustrado. De los álamos el viento con poemas de Ramón García Mateos e ilustracións de Fernando Vicente está feito con palabras vellas e poemas populares, versos de antes que impregnan o padal de vellos sabores case esquecidos que nos fan vibrar de emoción. Unha vez máis, poesía para todas as idades que no poden pecharse baixo a denominación de "poesía infantil" porque os adultos negámonos a crer que seguimos sendo nenos e queremos e temos dereito a sentar ante un libro coma este para saborear cada palabra, cada verso, cada imaxe, cada poema. E así ata 21. Poemas de raíz tradicional con rimas asonantes, con xogos musicais e con xogos de palabras, con cancións do pobo.
Poemas que falan de soños e fantasías, con metáforas e paralelismos, con tenrura e con ilusión, con memoria e con futuro.

Se buscades a ilustración da portada no interior, toparedes unha sopresa marabillosa que nos fala da amplitude da poesía: buscade un espello e abraiádevos. Non digo máis.





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.