Aínda que o teño hai tempo, esquecera traelo ata aquí. Imperdoable! Porque é un dos mellores álbums ilustrados do 2012. El arenque rojo é un álbum de 24 páxinas sen unha soa palabra... e xa sabedes o que iso supón! Publicado por SM, o seu autor é Gonzalo Moure e a ilustradora Alicia Varela. Cada páxina supón unha histora de moita xente que nos dá pé para maxinar as súas vidas, porque dunha páxina a outra movéronse para dar paso á creación da nosa historia. Podemos escoller entre a moza que le, o ciclista, a mamá, o fotógrafo, os nenos... e moitos máis.
E se non tedes ganas de maxinar, ao final do libro o autor concédenos a súa propia historia dos personaxes. Pero antes de chegar a este sobre, concedédevos o tempo de mirar con atención e de inventar, as ilustracións ofrecen miles de detalles que nos axudarán a desenvolver a historia.
Sen comentarios
Publicar un comentario