Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/10/13

Estupor y temblores

Ante a miña nova "relación" co mundo nipón tiven un agasallo inesperado: este Estupor y temblores de Amélie Nothomb publicado por Anagrama. A autora ficciona unha experiencia vital propia, un traballo seu en Tokyo. Non sei canto hai de realidade, pero realmente a situación que nos amosa é ben deprimente, sempre adozado cun humor acedo. A rixidez da mentalidade nipona e as diferenzas coa mentalidade occidental ocupan un gran espazo da novela curta que agora nos ocupa, e o que máis chama a atención é ese pouco respecto que eles senten cara ás outras culturas mentres que esixen o máximo para a súa. A análise da muller deixa un profundo malestar mental, así como esa ríxida estrutura da empresa; ao remate da novela tan só pensamos nunha palabra: a perversidade dun sistema que xerarquiza as persoas sen deixalas medrar como o que son. A ironía da novela destaca sobre a humillación á que se ve sometida a protagonista, co cal a autora consegue que nos esquezamos da crúa realidade para sorrir abertamente. Aínda que sexa terrible!
Por certo, con "estupor y temblores" é como debían presentarse os súbditos ante o emperador de Xapón. Coido que Rajoy non o sabe!

Grazas, Susana!
Este texto es una creación propia de Devoradora de Libros y no está permitida su copia.
Este texto es una creación propia de Devoradora de Libros y no está permitida su copia.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.