Non sei se foi á mantenta, pero cando abrín o paquete coas novidades de Edelvives, o primeiro libro era este e a miña ledicia foi tal que alí fiquei, ollándoo incansablemente, aledándome de termos por fin un novo pop-up especial. Así é este Faunástico de Mikhail Yasnov e Sacha Poliakova: un tesouro. Deses que non quero emprestar, só ensinalo para ver como brillan os ollos dos e das lector@s. O mellor foi que llo estaba a ensinar a unha compañeira e viñeron varias alumnas a correr para velo, posto que lles chamara a atención. E iso si que é un pracer! Animais fantásticos que vos encantarán. Mirade, senón, a cariña deste cadelo da portada. Pois cada páxina é unha sopresa, con poema rimado e imaxe sobresaínte. Mágoa que non haxa máis!!!
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
17/10/13
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario